QUEN SOMOS



Somos picheleiros *.
Somos de Santiago.
Somos do Castiñeiriño.
Somos de Dora a de Xulián.
Querémoslle á nosa terra e á nosa cultura.
Apreciamos as cousas pequenas, os pequenos detalles do día a día, unha flor, un sorriso.
Cremos que as cousas hai que facelas devagar e ben feitas para que nos vaia ben, porque se nos vai ben a nós tamén lles vai ir ben á nosa familia, ós nosos amigos, ós nosos veciños, ó noso barrio, mellorando un melloramos todos.
Queremos que vivas cómodo e cómoda en Santiago e que cando marches volvas á nosa casa, non a un "piso", senón á casa duns amigos, queremos que volvas porque te sintes...

...NA NOSA CASA COMO NA TUA CASA


* Picheleiro é un xentilicio non oficial co que se designa aos habitantes da cidade galega de Santiago de Compostela.
O termo, etimoloxicamente de orixe francesa, orixinouse pola rivalidade con outras vilas galegas. Ao ter Santiago de Compostela unha longa tradición de grandes artesáns prateiros e acibecheiros, os picheleiros eran artesáns que facían picheis e diversos trebellos de cociña. Para esta tarefa, servíanse do estaño, un metal moito menos nobre. De aí o xentilicio.