ONDE ESTAMOS

PODES ATOPARNOS EN:

Rúa Granxa do Castiñeiriño, Nº 42
15702 - Santiago de Compostela
Galiza · España


COORDENADAS GPS

42º 51' 40.46" N         8º 32' 12.61 O

COMO CHEGAR EN COCHE
DESDE A AP9: coller a saída nº72 en dirección a Santiago. Incorporarse á rúa Virxe de Fátima/SC11 sempre polo carril da dereita e sen coller o túnel. Xusto antes do semáforo da rotonda xirar á dereita pola rúa Virxe Branca subindo polo lateral da igrexa. Arriba de todo, onde remata a rúa Virxe Branca, xirar á dereita pola rúa da Granxa do Castiñeiriño. A casa de Dora é a segunda casa á dereita.

POLA N525 DIRECCIÓN OURENSE - SANTIAGO: enlazar na segunda rotonda da autopista, a pequena, coa SC11 e seguir as indicacións anteriores.

POLA N525 DIRECCIÓN SANTIAGO - OURENSE: ao pasar a rotonda do Castiñeiriño (onde está a igrexa) continuar dirección Ourense ata a seguinte rotonda (a pequena da autopista), xirar 360 grados e volver cara atrás pola SC11, seguindo as indicacións anteriores. Coidado coa rotonda que non está moi ben peraltada!

COMO CHEGAR EN AUTOBÚS
LIÑA6: San Marcos-Os Tilos [http://www.tussa.org/web/linas.php?id=5&lg=gal]

LIÑA 12: Os Tilos-Hospitais [http://www.tussa.org/web/linas.php?id=12&lg=gal]

En todas as liñas a parada é a do Castiñeiriño, vindo desde Santiago, a seguinte á do Hipercor, vindo desde Os Tilos, a do Banco Sabadell, despois da rotonda da igrexa do Castiñeiriño.

COMO CHEGAR A PÉ
Desde as paradas do autobús, no semáforo da farmacia, o restaurante Paz Nogueira e o banco Sabadell-Gallego, subir dirección Ourense pola beirarrúa do banco ata chegar á rotonda e á igrexa do Castiñeiriño. Coller a man esquerda a rúa Virxe Branca subindo polo lateral da igrexa ata arriba de todo, onde acaba a rúa. Unha vez arriba, coller á man dereita pola rúa da Granxa do Castiñeiriño. A casa de Dora é a segunda casa á man dereita.