martes, 23 de xullo de 2019

A CASA DE DORA: UN NOVO XEITO DE COMPARTIR CASA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Abrimos A casa de Dora cun novo formato, un espazo onde poder vivir, traballar, estudar compartindo espazos e interese con outras persoas afíns.


CO-LABORACIÓN
CO-MUNIDADE
CO-NVIVENCIA
CO-LIVING
CO-WORKING
CO-HOUSING

Apostamos por un xeito de compartir vivenda entre 5-6 persoas con intereses e valores afíns, un espazo onde poder vivir xuntos pero tamén onde poder compartir experiencias, coñecementos, recursos, mesa, aventuras...

Neste novo espazo de vivenda colaborativa disporás dun cuarto individual, compartindo o resto das instalacións: baños, cociña, comedor, salas comúns, terraza, horta.

Anímate a probar un mes e se estás a gusto...